Amosando publicacións coa etiqueta 25 N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 N. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de novembro de 2020

25 N- POEMA DE SIMÓN BOO FANDIÑO

 Moi agradecidas e emocionadas con SIMÓN BOO FANDIÑO (de 2º de ESO), que nos regala este poemas taaaaan marabilloso para o 25 N. Moitas grazas!!


VERDADE UNIVERSAL 

7 A. M: Miña nai traballa,

meu pai aféitase 


2 P. M: Miña nai traballa,

meu pai “axuda” 


4 P. M: Miña nai traballa,

meu pai tamén 


6 P. M: Miña nai traballa,

meu pai está cansado 


12 P. M: Miña nai pensa,

meu pai durme

 

E a mín, que son de letras, non me saen as contas.

Igualdade, onde estás?

 

 




luns, 16 de novembro de 2020

25N-MICROMACHISMOS

Moi interesante resulta o blog sobre michomachismos que podemos atopar en El Diario. Deixamos un enlace ao blog, no que podedes atopar ducias de situacións e noticias relacionadas co machismo cotián e tamén algúns vídeos, coma estes.

BLOG "MICROMACHISMOS" DE EL DIARIO

 

mércores, 11 de novembro de 2020

25N-CURTAS FEITAS POLO ALUMNADO

Tamén resultan moi interesantes algunhas das curtas feitas por alumnado de diferentes centros de Galicia. 😉

Coma Memorando unha curtametraxe baseada no guión gañador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero organizado pola Deputación da Coruña. O audiovisual foi realizado por tres alumnas do IES Lamas de Abade. Preme no enlace para vela.

MEMORANDO

Pero temos máis!!

martes, 10 de novembro de 2020

25N-PELÍCULAS

Na biblio tamén temos películas interesantes para traballar o tema da violencia machista. En colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística fixemos unhas unidades didácticas que poden servirvos de axuda para traballar na clase. Deixamos os enlaces.

DURMIENDO CON SU ENEMIGO

                                                                                              TE DOY MIS OJOS

EN TIERRA DE HOMBRES 

                                                                                               LA VIDA SECRETA DE LAS PALABRAS
                                                                                                            

25N- CURTAS CON UNIDADE DIDÁCTICA

Deixamos unha serie de curtas coa súa unidade didáctica correspondente que fai uns anos elaboramos en colaboración  co Equipo de Dinamización Lingüística. Esperamos que vos axuden a guiar o debate na clase. Enriba de cada curta atoparedes o enlace á unidade didáctica. 

"Dale una bofetada" está recomendada para 1º e 2º da ESO.

DALE UNA BOFETADA


"Vive o muere", "Nunce esta tarde para hacerte valer" e "Sin pensarlo dos veces" son axeitadas para 3º e 4º da ESO.



 

 E "El orden de las cosas" podemos traballala no Bacharelato.

domingo, 8 de novembro de 2020

25N-AMOR DEL BUENO

“Conectar sin que nos raye” é unha guía didáctica elaborada por Isa Duque dirixida a todas aquelas persoas que nos relacionamos con poboación adolescente que desexamos traballar temas de ciberviolencias, coidados dixitais e moito máis relacionado coas tecnoloxías das relacións, información e comunicación, as TRICS.

Recomedamos ver un breve vídeo incluído no capítulo 9 da guía, no que se fala de relación de parella saudables e relacións tóxicas.

AMOR DEL BUENO

25N-DOBLE CHECK

¿Hay personas que miran de forma obsesiva el Whatsapp para ver cuándo se ha conectado por última vez su pareja, cómo, con quién, o cuánto chatea? ¿Que utilizan las redes sociales para controlar a su pareja o a quien les gusta? 

Después de ver los cortos se reflexiona sobre cómo han cambiado las nuevas tecnologías el modo de relacionarse las personas. 

√ ¿Son las redes sociales o las App en los móviles, nuevas herramientas de control? 

√ ¿Qué es el sexting? ¿Y el grooming? 

Propuesta de un corto sobre el Whatsapp y las relaciones de pareja:


25N-A QUIÉN DICES AMAR

Ana Polvorosa (Aida, Las chicas del cable) e  Miki  Esparbé (Malnazidos, Brigada Costa dek Sol) son os protagonistas de “A quien dices amar”, unha curta que visibiliza e conciencia sobre as consecuencias dos malos tratos psicolóxicos. Producida por La breve historia para COSMO, pretende sensibilizar a sociedade sobre esta dimensión da violencia de xénero.

venres, 6 de novembro de 2020

25N-JE SUIS LE MACHISME ORDINAIRE


Je suis le machisme ordinaire, Curta dirixida por Fabrice Roulliat (2016)

Julie é convocada á oficina da Directora porque a súa filla pegoulle a un compañeiro, un comportamento inaceptable para o centro. Pero Julie non o ve do mesmo xeito, e nomea o que en realidade debería ser inaceptable.

GUÍA DE LECTURA FÁCIL

    A Lectura Fácil é unha forma de escribir textos que ten en conta o contido, a linguaxe e a forma, para que todos poidan lelos e comprend...