xoves, 26 de novembro de 2020

25 N- POEMA DE SIMÓN BOO FANDIÑO

 Moi agradecidas e emocionadas con SIMÓN BOO FANDIÑO (de 2º de ESO), que nos regala este poemas taaaaan marabilloso para o 25 N. Moitas grazas!!


VERDADE UNIVERSAL 

7 A. M: Miña nai traballa,

meu pai aféitase 


2 P. M: Miña nai traballa,

meu pai “axuda” 


4 P. M: Miña nai traballa,

meu pai tamén 


6 P. M: Miña nai traballa,

meu pai está cansado 


12 P. M: Miña nai pensa,

meu pai durme

 

E a mín, que son de letras, non me saen as contas.

Igualdade, onde estás?

 

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

GUÍA DE LECTURA FÁCIL

    A Lectura Fácil é unha forma de escribir textos que ten en conta o contido, a linguaxe e a forma, para que todos poidan lelos e comprend...