xoves, 11 de maio de 2023

FORMULARIO DE VALORACIÓN DA BIBLIOTECA 2022-2023

 Aquí vai o formulario no que avaliamos a nosa actividade. Agradecemos toda a vosa axuda para mellorar cara o vindeiro ano!!

mércores, 1 de marzo de 2023

RECURSO 8 M

 Compartimos recurso interesantes para celebrar o 8 M co noso alumnado.


 A HISTORIA DO 8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En só dous minutos, este vídeo explica a orixe do Día Internacional da Muller e pon de manifesto a importancia do mesmo. Contempla a historia dos inicios do 8 M, que parten desde a reunión de Dinamarca en 1910 ata o tráxico incendio dunha fábrica de Nova York.


PADLET CON RECURSO DE IGUALDADE

Estupendo padlet con recursos para traballar a igualdade elaborado pola nosa compi María Fernández. :-)

Feito con Padlet


OCEANÓGRAFAS: PRESENTE, PASADO E FUTURO

Documental do programa de RTVE "El escarabajo verde" 

Preme na imaxe



A representación da muller no ámbito científico ha aumentado considerablemente nas últimas décadas, aínda así, o número de científicas en postos directivos segue sendo algo anecdótico a pesar de que nas carreiras de ciencias existe paridade no número de estudantes homes e mulleres. Reunimos a 3 oceanógrafas para tratar temas que afectan a todo o universo feminino, como o teito de cristal, a reprodución, os coidados…sempre a través da visión persoal das tres protagonistas: Marta Estrada de 76 anos é un recoñecida médico e bióloga experta en fitoplancto, ten 76 anos dos que dedicou máis de 50 á ciencia, María Gómez de 45 anos é xeóloga mariña, actual Vicedirectora Técnica e de Asesoramento do IEO e Paula do Rio, de 21 anos e estudante de ciencias do Mar.



COMO O MACHISMO MARCOU A NOSA ADOLESCENCIA

Os medios de comunicación sempre foron unha ventana ao mundo. Pero moitas das mensaxes que nos chegaron na nosa adolescencia non eran inocentes e crearon un modelo de muller no que había que encaixar. Neste interactivo de RTVE poderás revivir os impactos culturales que che marcaron. Preme na imaxe.





DOCUMENTAL IT'S A GIRL



Documental pensado para alumnado de secundaria e dirixido por Evan Grae Davis, este documental mostra o lado maís cru do machismo: o tráfico de seres humanos, a venda de mulleres e a loita de nais que queren un mundo mellor para as súas fillas. Preme na imaxe.


15 CURTAMETRAXES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN
Cutas que axudana a combater os estereotipos e fomentar a equidade dos xéneros.
Preme na imaxe.



15 MULLERES PREMIOS NOBEL PARA ESTUDIAR NA AULA
Os seus logros e historias son ideales para motivar ás alumnas e ofrecer referentes femininos. Preme na imaxe.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 8 M
Xuntas somos máis fortes de Maria Rama Pico

ALGUNHAS PELIS QUE PODES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA






























mércores, 25 de xaneiro de 2023

CONCURSO DE MICRORRELATOS ENCADEADOS

Aquí deixamos as bases do CONCURSO DE MICRORRELATOS ENCADEADOS. É divertido, permítevos explorar a vosa creatividade e podedes gañar fantásticos agasallos!! Non deixedes de participar!!






















domingo, 24 de xullo de 2022

BANDA DESEÑADA HISTÓRICA

Unha das actividades que máis non encheu de ledicia durante este curso, foi a colaboración coa profe do departamento de Historia Montse Vázquez. A súa proposta de involucrar ao alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato na creación de obras de banda deseñada en galego que reflectiran momentos clave da Historia máis recente, pareceunos marabillosa. Así que organizamos obradoiros para formar ao alumnado e, posteriormente, Montse púxoos mans á obra. Este foi un proceso de meses de investigación, de revisión de guións... pero pagou a pena!! 
Polo tanto, queremos mostrar algunhas destas estupendas obras. Preme no título e poderás lelas. Grazas, artistas!!


-Said. Análise da Primavera Árabe e realizados por Yamila Pena González e Paloma Paz Ayaso.







-11 M. Sobre os atentados perpetrados en Madrid no ano 2004. Creación de Sara Brión, Amador Ageitos, Paula Barros e Paula Pérez. 









-Atrapa a liberdade. Sobre a caída do Muro de Berlín. 





xoves, 2 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2022

Falta tan pouco para que poidamos tirarnos na praia a ler o noso libro favorito...!!!! Se necesitades suxestións, aí van as nosas. Todas están na nosa biblio e todas as podedes levar en préstamo. Preme na imaxe para velas.

FELIZ VERÁN PARA TODAS AS LETRAFERIDAS!!!




sábado, 2 de abril de 2022

FERRAMENTAS DIXITAIS PARA TRABALLAR CON ALUMNADO UCRAÍNO

Estes días recibimos no noso centro a un novo alumno que non fala o noso idioma. Pensando neles, seleccionamos esta listaxe de ferramentas que podes utilizar nas túas clases para facerllo máis doado, mentres van aprendendo o noso idioma.


-VOCABULARIO ESPAÑOL-UCRAÍNO E INDICACIÓNS PARA LEER ESPAÑOL.


-CADERNOS DE COMUNICACIÓN CON PICTOGRAMAS DE ARASAAC ARA OS REFUXIADOS DE UCRAÍNA-TRADUCCIÓNS EN DIFERENTES IDIOMAS



-CARTAS VOCABULARIO ESPAÑOL-RUSO


-DICIONARIO GALEGO-UCRAÍNO

-CONVERSA BÁSICA GALEGO-UCRAÍNO-CASTELÁN

-En twinkl atopamos unha serie de ferramentas didácticas para o manexo da linguaxe ucraína e español.

-De interese:

  • -Google Lens é unha aplicación móbil de Google, dispoñible tanto para Android como para  iOS.Instalas a aplicación, enfocas o texto que queres traducir, a aplicación analízao para recoñecer a lingua en que está escrito, fai a tradución en tempo real e, permite escoitar o resultado na lingua de destino: ucraíno, ruso, chinés, francés...

  • -Microsoft  Translator é unha aplicación de tradución persoal e gratuíta para máis de 60 idiomas que permite traducir texto, voz, conversacións, fotos da cámara e capturas de pantalla. Tamén permite descargar idiomas para usalos ao viaxar e traducir contido sen conexión de forma gratuíta. Dispoñible tanto para android coma para IOS   

PLAN ANUAL DE LECTURA (PAL) 2022-2023

 Este foi o noso PAL deste curso.