mércores, 1 de marzo de 2023

RECURSO 8 M

 Compartimos recurso interesantes para celebrar o 8 M co noso alumnado.


 A HISTORIA DO 8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En só dous minutos, este vídeo explica a orixe do Día Internacional da Muller e pon de manifesto a importancia do mesmo. Contempla a historia dos inicios do 8 M, que parten desde a reunión de Dinamarca en 1910 ata o tráxico incendio dunha fábrica de Nova York.


PADLET CON RECURSO DE IGUALDADE

Estupendo padlet con recursos para traballar a igualdade elaborado pola nosa compi María Fernández. :-)

Feito con Padlet


OCEANÓGRAFAS: PRESENTE, PASADO E FUTURO

Documental do programa de RTVE "El escarabajo verde" 

Preme na imaxe



A representación da muller no ámbito científico ha aumentado considerablemente nas últimas décadas, aínda así, o número de científicas en postos directivos segue sendo algo anecdótico a pesar de que nas carreiras de ciencias existe paridade no número de estudantes homes e mulleres. Reunimos a 3 oceanógrafas para tratar temas que afectan a todo o universo feminino, como o teito de cristal, a reprodución, os coidados…sempre a través da visión persoal das tres protagonistas: Marta Estrada de 76 anos é un recoñecida médico e bióloga experta en fitoplancto, ten 76 anos dos que dedicou máis de 50 á ciencia, María Gómez de 45 anos é xeóloga mariña, actual Vicedirectora Técnica e de Asesoramento do IEO e Paula do Rio, de 21 anos e estudante de ciencias do Mar.



COMO O MACHISMO MARCOU A NOSA ADOLESCENCIA

Os medios de comunicación sempre foron unha ventana ao mundo. Pero moitas das mensaxes que nos chegaron na nosa adolescencia non eran inocentes e crearon un modelo de muller no que había que encaixar. Neste interactivo de RTVE poderás revivir os impactos culturales que che marcaron. Preme na imaxe.





DOCUMENTAL IT'S A GIRL



Documental pensado para alumnado de secundaria e dirixido por Evan Grae Davis, este documental mostra o lado maís cru do machismo: o tráfico de seres humanos, a venda de mulleres e a loita de nais que queren un mundo mellor para as súas fillas. Preme na imaxe.


15 CURTAMETRAXES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN
Cutas que axudana a combater os estereotipos e fomentar a equidade dos xéneros.
Preme na imaxe.



15 MULLERES PREMIOS NOBEL PARA ESTUDIAR NA AULA
Os seus logros e historias son ideales para motivar ás alumnas e ofrecer referentes femininos. Preme na imaxe.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 8 M
Xuntas somos máis fortes de Maria Rama Pico

ALGUNHAS PELIS QUE PODES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA






























Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS VENGADORES CONTRA O ACOSO

Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...