martes, 17 de novembro de 2020

CLUB DE LECTURA 1º- MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST

Este é un curso difícil, pero os letraferidos non deixamos de ler. De feito, cremos que a lectura vai ser o que nos permita soñar, imaxinar, desfrutar...nestos tempos incertos. Así que, benvidos ao club de lectura!!

O alumando de 1º de ESO reuniuse hoxe para decidir a obra que imos ler para iniciar esta andaina. A nosa cita será o vindeiro 17 de decembro. Avante toda!!!


Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.

Se queres coñecer a Ziggy, non deixes de ver este vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS VENGADORES CONTRA O ACOSO

Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...