mércores, 27 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o día adicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

O EQUIPO DA BIBLIOTECA RECOMENDA A UTILIZACIÓN DOS SEGUINTES MATERIAIS PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ NAS VOSAS AULAS

-SÍMBOLOS DA PAZ. Unicef móstranos que ao longo da Historia foron elixidas diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Neste enlace podedes ver as súas diferentes historias e orixes. 

-VÍDEO SOBRE COMO FACER UNHA GRÚA DA PAZ. Veña, dádelle ao origami!! Coma o alumnado de 2º ESO, que fixo unha che de figuriñas para decorar a biblioteca. Moitas grazas a Maite Castro por levar a cabo esta bonita actividade co seu alumnado. ;-)

-O MUNDO EN GUERRA: O MAPA DOS PAÍSES EN CONFLICTO NO MUNDO. Este vídeo de The Objective ofrécenos información sobre os países que actualemente están inmersos nun conflicto armado. Preme no enlace. (2.26 min.)

-VÍDEO DE SOS RACISMO. No enlace podedes acceder a un pequeno vídeo (uns 4: 39 min.) no que SOS Racismo nos mostra un experimento que pretende sensibilizar fronte ao racismo.

-MULLERES NOBEL DA PAZ. Mapa interactivo que recolle as mulleres que foron galardonadas con este recoñecemento. 

-BANDA DESEÑADA POLA PAZ. Aquí podesdes consultar as lecturas de banda deseñada que nos poden axudar a facer do mundo un lugar maís xusto. Todas están dispoñibles na nosa biblioteca. 

Feito con Padlet

-LECTURAS POLO DÍA DA PAZ. Unha escolma de libros para un mundo máis xusto. Todos están dispoñibles na nosa biblioteca.

 

Feito con Padlet

MOITAS GRAZAS Á BIBLIOTECA DO IES ILLA DE SAN SIMÓN QUE NOS PERMITIU COMPARTIR OS SEUS PRECIOSOS PADLETS DE BANDA DESEÑA E LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ!! AS BIBLIOTECAS ESCOLARES TRABALLAMOS EN EQUIPO!! ;-)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS VENGADORES CONTRA O ACOSO

Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...