FERIDAS POLAS LETRAS
sábado, 22 de novembro de 2025
MÁIS CURTAS EDUCATIVAS PARA TRABALLAR NO 25N
ÁRBOL
domingo, 15 de xuño de 2025
GUÍA DE LECTURA FÁCIL
A Lectura Fácil é unha forma de escribir textos que ten en conta o contido, a linguaxe e a forma, para que todos poidan lelos e comprendelos facilmente, especialmente aqueles con dificultades de lectura.
Estes inclúen libros, documentos administrativos e legais, textos informativos e sitios web que seguen as directrices internacionais da IFLA (Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias) e Inclusion Europe.
Na nosa biblioteca creamos unha nova sección na que incluímos máis de 30 títulos de Lectra fácil para ofrecer lecturas axeitadas e diversas ao alumnado con NEAE. Ademáis creamos esta guía para difundila entre o profesorado, alumnado e demáis membros da nosa comunidade educativa.
Preme na foto e consulta a nosa GUÍA DE LECTURA FÁCIL.
luns, 29 de abril de 2024
OS VENGADORES CONTRA O ACOSO
Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca máis". A través de catro historias diferentes expóñense situacións de acoso entre iguais, protagonizadas entre outros por Spiderman, Os Gardiáns da Galaxia e Iron Man. Tratatn tamén aspectos relacionados e relevantes ara oa adolescentes, como a actitude dos compañeiros, a influencia da redes sociais, a presión de grupo, o ciberacoso e as normasa sociais á hora de relacionarse na rede.
mércores, 7 de xuño de 2023
xoves, 11 de maio de 2023
FORMULARIO DE VALORACIÓN DA BIBLIOTECA 2022-2023
Aquí vai o formulario no que avaliamos a nosa actividade. Agradecemos toda a vosa axuda para mellorar cara o vindeiro ano!!
mércores, 1 de marzo de 2023
RECURSO 8 M
Compartimos recurso interesantes para celebrar o 8 M co noso alumnado.
A HISTORIA DO 8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
En só dous minutos, este vídeo explica a orixe do Día Internacional da Muller e pon de manifesto a importancia do mesmo. Contempla a historia dos inicios do 8 M, que parten desde a reunión de Dinamarca en 1910 ata o tráxico incendio dunha fábrica de Nova York.
PADLET CON RECURSO DE IGUALDADE
Estupendo padlet con recursos para traballar a igualdade elaborado pola nosa compi María Fernández. :-)
OCEANÓGRAFAS: PRESENTE, PASADO E FUTURO
Documental do programa de RTVE "El escarabajo verde"
Preme na imaxe
A representación da muller no ámbito científico ha aumentado considerablemente nas últimas décadas, aínda así, o número de científicas en postos directivos segue sendo algo anecdótico a pesar de que nas carreiras de ciencias existe paridade no número de estudantes homes e mulleres. Reunimos a 3 oceanógrafas para tratar temas que afectan a todo o universo feminino, como o teito de cristal, a reprodución, os coidados…sempre a través da visión persoal das tres protagonistas: Marta Estrada de 76 anos é un recoñecida médico e bióloga experta en fitoplancto, ten 76 anos dos que dedicou máis de 50 á ciencia, María Gómez de 45 anos é xeóloga mariña, actual Vicedirectora Técnica e de Asesoramento do IEO e Paula do Rio, de 21 anos e estudante de ciencias do Mar.
COMO O MACHISMO MARCOU A NOSA ADOLESCENCIA
Os medios de comunicación sempre foron unha ventana ao mundo. Pero moitas das mensaxes que nos chegaron na nosa adolescencia non eran inocentes e crearon un modelo de muller no que había que encaixar. Neste interactivo de RTVE poderás revivir os impactos culturales que che marcaron. Preme na imaxe.
DOCUMENTAL IT'S A GIRL
-
Este é un curso difícil, pero os letraferidos non deixamos de ler. De feito, cremos que a lectura vai ser o que nos permita soñar, imaxin...
-
Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...
-
Unha das limitacións para que máis nenas queiran seguir unha carreira científica é a falla de referentes femininos nestos campos. Co obxecti...