domingo, 24 de xullo de 2022

BANDA DESEÑADA HISTÓRICA

Unha das actividades que máis non encheu de ledicia durante este curso, foi a colaboración coa profe do departamento de Historia Montse Vázquez. A súa proposta de involucrar ao alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato na creación de obras de banda deseñada en galego que reflectiran momentos clave da Historia máis recente, pareceunos marabillosa. Así que organizamos obradoiros para formar ao alumnado e, posteriormente, Montse púxoos mans á obra. Este foi un proceso de meses de investigación, de revisión de guións... pero pagou a pena!! 
Polo tanto, queremos mostrar algunhas destas estupendas obras. Preme no título e poderás lelas. Grazas, artistas!!


-Said. Análise da Primavera Árabe e realizados por Yamila Pena González e Paloma Paz Ayaso.







-11 M. Sobre os atentados perpetrados en Madrid no ano 2004. Creación de Sara Brión, Amador Ageitos, Paula Barros e Paula Pérez. 









-Atrapa a liberdade. Sobre a caída do Muro de Berlín. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

GUÍA DE LECTURA FÁCIL

    A Lectura Fácil é unha forma de escribir textos que ten en conta o contido, a linguaxe e a forma, para que todos poidan lelos e comprend...