luns, 7 de xuño de 2021

CLUB DE LECTURA-XUÑO

As nosas letraferidas len ate o derradeiro momento do curso!!! Este mes intentamos ler cousiñas diferentes. Así que os noso grupos escolleron:

-Unha sesión de lectura mixta de obras informativas relacionadas coa Ciencia, a Arte, a Historia... Queremos facer fincapé en que non todo é narrativa. Velaiquí algúns exemplos dos libros que levaron.




-Un océano de amor de Lupano e Panaccione, Reservoir Books. 

Este é un dos cómics máis belos dos últimos tempos, non só polas espectaculares ilustracións de Wilfried Lupano (Nantes, 1971) senón, sobre todo,  pola tenra historia de amor que nos conta o seu guionista, Grégory Panaccione, entre un vello pescador e a súa esposa. Sen esquecer que o libro é unha profunda reflexión sobre os abusos que sofre o océano. E todo contado cunha sensibilidade e un sentido do humor que fai que este libro sexa máis eficaz que moitísimas campañas ecolóxicas.

Un cómic que vendeu máis de 50.000 exemplares en Francia e que conseguiu o Premio de Cómics FNAC. E que na edición española leva unha introdución de Paco Roca (Engurras), que destaca a potencia evocadora deste libro que é capaz de transmitirnos a intensidade dos sentimentos e a forza e beleza do mar sen unha soa palabra, xa que é completamente mudo (por non ter non ten nin onomatopeyas).



Un océano de amor en RTVE (visita a reseña de RTVE)


QUEDADA O VINDEIRO MARTES 15 DE XUÑO!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS VENGADORES CONTRA O ACOSO

Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...