Unha das limitacións para que máis nenas queiran seguir unha carreira científica é a falla de referentes femininos nestos campos. Co obxectivo de acabar con esta desventaxa, o Museo de Ciencias Universidad de Navarra presenta o proxecto “La mujer en la ciencia”: unha serie de animación que narra, a través de pequenos videos e nun tono divulgativo, a biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral.
De momento, as protagonistas destas historias son a microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), a enfermeira e estadística Florence Nightingale (1820-1910), a bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), a astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), Margarita Salas (1938-2019), June Almeida (1930-2007), Isabel Morgan (1911-1996), Ada Lovelace (1815-1852), Gerty Cori (1896-1957)...
DEIXAMOS ALGÚN DOS VÍDEOS PERO SE QUERES VELOS TODOS
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR
Ningún comentario:
Publicar un comentario