martes, 23 de febreiro de 2021

BANDA DESEÑADA- A PROBA DE AUGA

Hoxe reunímonos no CLUB DE LECTURA  de 1º ESO para falar da obra de ANÉMONA DEL RÍO titulada A PROBA DE AUGA.


Trala publicación do primeiro manga en galego baixo o título de Tam  (Retranca Editora) Anémona de Río, que lograra o Premio Fin de Curso 2017 de O Garaxe Hermético, modélica escola profesional de banda deseñada e ilustración dirixida por Kiko da Silva, que tanto significa para a aprendizaxe e a normalización da banda deseñada galega, acadou con A proba de auga o I Premio de Banda Deseñada da devandita escola.

Situada no ronsel da súa primeira entrega, isto é, cun estilo a cabalo entre o manga e o cartoon, resulta inequívoco o seu interese tanto para normalizar este tipo de creacións entre nós, de crecente demanda nas xeracións máis novas, como pola actualidade da súa temática articulando, así, un percorrido imaxinativo polo interior do corpo humano cunha sección conclusiva de utilidade pedagóxica.

A proposta, así pois, asedia contidos científicos da man dun fío narrativo ben construído e marcado pola axilidade no manexo da trama onde non falta, nese percorrido amentado, a presenza dos temibles virus, das súas consecuencias e das vacinas. Talvez unha inmellorable ocasión para achegar estes conceptos a un público novo -e polo que parece non só- nestes tempos de pandemia.


Aproveitamos para falar de manga e anime, de autores galegos de banda deseñada e do GARAXE HERMÉTICO,  a primeira escola de banda deseñada de Galicia.


-BANDA DESEÑADA GALEGA. Publicacións, autores e máis. Preme no enlace.

-A NARRACIÓN CON IMAXES. Tipos de secuencias, encadre, formato, cor, linguaxe verbal... E con actividades!! Preme no enlace.

-MANGA PARA PRINCIPIANTES. Queres saber que é o manga? Que estilos hai? Preme no enlace.

-HISTORIA DEL MANGA JAPONÉS. Algo da historia do xénero. Preme no enlace.

-AKIRA. É unha manga escrito e debuxado por Katsuhiro Otomo entre os anos 1982 e 1990, obtendo un éxito significativo en Xapón e no resto do mundo. Premiada co Premio Kodansha ao mellor manga en 1984 na categoría xeral. É a base da película homónima de animación xaponesa e ambas as obras tiveron un recoñecemento instantáneo como clásicos dentro dos seus respectivos xéneros.

1988: O mundo está ao bordo da destrución absoluta. A tecnoloxía avanzada foi a causa dunha terrible explosión que desencadeou unha guerra nuclear e arrasou as grandes cidades do planeta. Trinta anos despois, sobre as ruínas de Tokio, álzase a megalópolis de Neo-Tokio, unha cidade opresiva e inhumana cargada de problemas como o desemprego, a violencia, a droga e o terrorismo. As loitas relixiosas e os grupos extremistas, aproveitándose da insatisfacción dos cidadáns, cultivan o mito de Akira, unha "neno cobaia" depositario da "enerxía absoluta" cuxa resurrección significaría para Xapón o amencer dunha nova era.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS VENGADORES CONTRA O ACOSO

Marvel e Panini lanzaron no Día Internacional contra o Acoso Escolar unha publicación especial dos Vengadores, titulada "Acoso nunca m...