Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vídeo. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de marzo de 2023

RECURSO 8 M

 Compartimos recurso interesantes para celebrar o 8 M co noso alumnado.


 A HISTORIA DO 8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En só dous minutos, este vídeo explica a orixe do Día Internacional da Muller e pon de manifesto a importancia do mesmo. Contempla a historia dos inicios do 8 M, que parten desde a reunión de Dinamarca en 1910 ata o tráxico incendio dunha fábrica de Nova York.


PADLET CON RECURSO DE IGUALDADE

Estupendo padlet con recursos para traballar a igualdade elaborado pola nosa compi María Fernández. :-)

Feito con Padlet


OCEANÓGRAFAS: PRESENTE, PASADO E FUTURO

Documental do programa de RTVE "El escarabajo verde" 

Preme na imaxe



A representación da muller no ámbito científico ha aumentado considerablemente nas últimas décadas, aínda así, o número de científicas en postos directivos segue sendo algo anecdótico a pesar de que nas carreiras de ciencias existe paridade no número de estudantes homes e mulleres. Reunimos a 3 oceanógrafas para tratar temas que afectan a todo o universo feminino, como o teito de cristal, a reprodución, os coidados…sempre a través da visión persoal das tres protagonistas: Marta Estrada de 76 anos é un recoñecida médico e bióloga experta en fitoplancto, ten 76 anos dos que dedicou máis de 50 á ciencia, María Gómez de 45 anos é xeóloga mariña, actual Vicedirectora Técnica e de Asesoramento do IEO e Paula do Rio, de 21 anos e estudante de ciencias do Mar.



COMO O MACHISMO MARCOU A NOSA ADOLESCENCIA

Os medios de comunicación sempre foron unha ventana ao mundo. Pero moitas das mensaxes que nos chegaron na nosa adolescencia non eran inocentes e crearon un modelo de muller no que había que encaixar. Neste interactivo de RTVE poderás revivir os impactos culturales que che marcaron. Preme na imaxe.





DOCUMENTAL IT'S A GIRL



Documental pensado para alumnado de secundaria e dirixido por Evan Grae Davis, este documental mostra o lado maís cru do machismo: o tráfico de seres humanos, a venda de mulleres e a loita de nais que queren un mundo mellor para as súas fillas. Preme na imaxe.


15 CURTAMETRAXES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN
Cutas que axudana a combater os estereotipos e fomentar a equidade dos xéneros.
Preme na imaxe.



15 MULLERES PREMIOS NOBEL PARA ESTUDIAR NA AULA
Os seus logros e historias son ideales para motivar ás alumnas e ofrecer referentes femininos. Preme na imaxe.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 8 M
Xuntas somos máis fortes de Maria Rama Pico

ALGUNHAS PELIS QUE PODES ATOPAR NA NOSA BIBLIOTECA






























luns, 8 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO

 O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.

Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

venres, 29 de xaneiro de 2021

LOU-CURTA CONTRA O ACOSO

Lou é unha curta de Pixar, que aborda o tema do acoso, pero desde outra visión. Lou, un monstro de «obxectos perdidos» observa día a día o acoso escolar que sofren moitos nenos na hora do recreo. Un neno é o causante de todos os casos. Todos os días no patio dedícase a roubar os obxectos doutros nenos. Pero un día o monstro dos «obxectos perdidos» daralle unha lección. Faralle probar o seu propio medicamento, pero só para facerlle reflexionar e mostrarnos, que detrás dun neno acosador tamén hai unha problemática.

 




xoves, 3 de decembro de 2020

IN A HEARTBEAT

No IES Nº1 loitamos contra calquera tipo de discriminación e, dende logo, contra aquela que se basea en cuestións de diversidade afectivo-sexual. Dende a biblioteca queremos aportar o noso gran de area!!!

Deixamos á vosa disposición esta curta que trata da visibilidade, a discriminación, a exclusión, o temor ao diferente e a ser diferente...

luns, 16 de novembro de 2020

25N-MICROMACHISMOS

Moi interesante resulta o blog sobre michomachismos que podemos atopar en El Diario. Deixamos un enlace ao blog, no que podedes atopar ducias de situacións e noticias relacionadas co machismo cotián e tamén algúns vídeos, coma estes.

BLOG "MICROMACHISMOS" DE EL DIARIO

 

mércores, 11 de novembro de 2020

25N-CURTAS FEITAS POLO ALUMNADO

Tamén resultan moi interesantes algunhas das curtas feitas por alumnado de diferentes centros de Galicia. 😉

Coma Memorando unha curtametraxe baseada no guión gañador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero organizado pola Deputación da Coruña. O audiovisual foi realizado por tres alumnas do IES Lamas de Abade. Preme no enlace para vela.

MEMORANDO

Pero temos máis!!

martes, 10 de novembro de 2020

25N-PELÍCULAS

Na biblio tamén temos películas interesantes para traballar o tema da violencia machista. En colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística fixemos unhas unidades didácticas que poden servirvos de axuda para traballar na clase. Deixamos os enlaces.

DURMIENDO CON SU ENEMIGO

                                                                                              TE DOY MIS OJOS

EN TIERRA DE HOMBRES 

                                                                                               LA VIDA SECRETA DE LAS PALABRAS
                                                                                                            

25N- CURTAS CON UNIDADE DIDÁCTICA

Deixamos unha serie de curtas coa súa unidade didáctica correspondente que fai uns anos elaboramos en colaboración  co Equipo de Dinamización Lingüística. Esperamos que vos axuden a guiar o debate na clase. Enriba de cada curta atoparedes o enlace á unidade didáctica. 

"Dale una bofetada" está recomendada para 1º e 2º da ESO.

DALE UNA BOFETADA


"Vive o muere", "Nunce esta tarde para hacerte valer" e "Sin pensarlo dos veces" son axeitadas para 3º e 4º da ESO.



 

 E "El orden de las cosas" podemos traballala no Bacharelato.

domingo, 8 de novembro de 2020

25N-DOBLE CHECK

¿Hay personas que miran de forma obsesiva el Whatsapp para ver cuándo se ha conectado por última vez su pareja, cómo, con quién, o cuánto chatea? ¿Que utilizan las redes sociales para controlar a su pareja o a quien les gusta? 

Después de ver los cortos se reflexiona sobre cómo han cambiado las nuevas tecnologías el modo de relacionarse las personas. 

√ ¿Son las redes sociales o las App en los móviles, nuevas herramientas de control? 

√ ¿Qué es el sexting? ¿Y el grooming? 

Propuesta de un corto sobre el Whatsapp y las relaciones de pareja:


25N-A QUIÉN DICES AMAR

Ana Polvorosa (Aida, Las chicas del cable) e  Miki  Esparbé (Malnazidos, Brigada Costa dek Sol) son os protagonistas de “A quien dices amar”, unha curta que visibiliza e conciencia sobre as consecuencias dos malos tratos psicolóxicos. Producida por La breve historia para COSMO, pretende sensibilizar a sociedade sobre esta dimensión da violencia de xénero.

venres, 6 de novembro de 2020

25N-JE SUIS LE MACHISME ORDINAIRE


Je suis le machisme ordinaire, Curta dirixida por Fabrice Roulliat (2016)

Julie é convocada á oficina da Directora porque a súa filla pegoulle a un compañeiro, un comportamento inaceptable para o centro. Pero Julie non o ve do mesmo xeito, e nomea o que en realidade debería ser inaceptable.

LISTA MÚSICA 25 N