Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de febreiro de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA- ACTIVIDADES

 Aquí deixamos algúns recursos elaborados pola Universidade de Sevilla que poden estar chulos para difundir a labor das mulleres no mundo da ciencia.




DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA-MUJERES CON CIENCIA

Unha das limitacións para que máis nenas queiran seguir unha carreira científica é a falla de referentes femininos nestos campos. Co obxectivo de acabar con esta desventaxa, o Museo de Ciencias Universidad de Navarra presenta o proxecto “La mujer en la ciencia”: unha serie de animación que narra, a través de pequenos videos e nun tono divulgativo, a biografía de científicas relevantes no seu campo pero que resultan descoñecidas para o público xeral.

                                                   

De momento, as protagonistas destas historias son a microbióloga Alice Catherine Evans (1881-1975), a enfermeira e estadística Florence Nightingale (1820-1910), a bióloga e divulgadora Rachel Louise Carson (1907-1964), a astrónoma Cecilia Payne-Gaposchkin (1900-1979), Margarita Salas (1938-2019), June Almeida (1930-2007), Isabel Morgan (1911-1996), Ada Lovelace (1815-1852),  Gerty Cori (1896-1957)...

DEIXAMOS ALGÚN DOS VÍDEOS PERO SE QUERES VELOS TODOS
PREME NA IMAXE PARA ENTRAR


DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO

 O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.

Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

venres, 20 de novembro de 2020

GUÍA DE LECTURA DE CIENCIAS

No MES DA CIENCIA EN GALEGO, traballamos en colaboración co Departamento de Ciencias para fomentar a lectura de obras científicas, de ciencia ficción e anime. Encántanos o traballo en equipo!!!😃😃


Made with Padlet

MULLER E CIENCIA

A nosa compañeira NELA ABELLA, mestra que traballou en centros de Ribeira como os de Aguiño e Palmeira, comparte con nós este fermoso traballo sobre a labor da muller no ámbito científico. Unha marabilla para o mes da Ciencia en galego!!

Preme na imaxe!!





LISTA MÚSICA 25 N